Visitas guiadas para grupos organizados
Visitas para escolares
Cando?
Durante todo o curso escolarOnde?
No Mosteiro de Carboeiro, Silleda (Pontevedra)Canto dura?
3 horas (duración aproximada)Para cantas persoas?
Máximo de persoas por grupo e guía: 25 (cabe a posibilidade de organizar 2 grupos simultaneamente)
Visita guiada polo mosteiro
Descubriremos como era Carboeiro e como vivían os monxes na Idade Media.
Traballo de investigación
Resolveremos o caderno didáctico mediante a observación, a dedución e outros procedementos.
Obradoiro de arquitectura
Pescudaremos como se construíu Carboeiro e os fundamentos da arquitectura medieval. Empregaremos maquetas, planos e outros materiais.
Material didáctico
Pescudaremos como se construíu Carboeiro e os fundamentos da arquitectura medieval. Empregaremos maquetas, planos e outros materiais.
Visitas para público en xeral
Horarios de visita libre
Para visitar Carboeiro por libre non é preciso reservar. Podes facelo no seguinte horario:
Xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro: de mércores a domingo de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.
Abril, maio e xuño: de mércores a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas.
Xullo e agosto: de luns a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Visitas guiadas para público en xeral os sábados e domingos baixo petición na recepción do mosteiro.
Setembro e outubro: de martes a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas.
20 minutos antes da hora de peche non se permite o acceso.
TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA PÚBLICO EN XERAL 638 186 674
(debido á escasa cobertura que hai en Carboeiro as chamadas serán devoltas en canto sexa posible).
Tarifas de visita libre
XERAL: 1,50 €
REDUCIDA: 1,00 €
Maiores de 65 anos, persoas con algún tipo de discapacidade, mozos/as de entre 6 e 16 anos con Carné Xoven, carné de estudante, familias numerosas que o acrediten, grupos de universitarios de mínimo 10 persoas e acompañados de responsable, desempregados/as que o acrediten.
GRATUÍTA: menores de 6 anos e membros do ICOM
VISITAS GUIADAS (sábados e domingos dos meses de xullo e agosto)
XERAL + visita guiada: 3,50 €
REDUCIDA + visita guiada: 2,50 €
Os pagamentos realizaranse sempre en efectivo xa que o o mosteiro de Carboeiro non dispón de conexión á rede eléctrica.
